Imaxes do acto de entrega dos Premios Manuel Beiras
Enviado por dlg a Mar, 21/12/2021 - 12:04
Velaquí o ambiente do acto de entrega dos galardóns 2021

Velaquí o ambiente do acto de entrega dos galardóns 2021

A sociedade compostelá non só acepta senón que demanda e valora que as empresas empreguen o galego na súa comunicación e cada vez máis negocios entenden que a nosa lingua é un valor engadido, de identidade e de calidade, foron as principais conclusións do acto de entrega dos XXII Premios Manuel Beiras
Convite para o acto que estará conducido por Federico Pérez

A campaña de información dos Premios Manuel Beiras 2021 pon o foco no poder de elixir.
En momentos tan complicados economicamente como os actuais é moi importante o apoio ao tecido empresarial local. Os Premios Manuel Beiras, desde o ámbito da dinamización lingüística, contribúen tamén cada ano a poñer en valor os negocios composteláns que manifestan compromiso co maior sinal de identidade do propio: a lingua.

O xurado outorgou os premios 2020 a Dinahosting, Revista Pincha e Moksín.

Emisión en directo da gala do Premios Manuel Beiras 2020, desde o Teatro Principal, o luns 21 de decembro ás 20.30 h.

O xurado que vai avaliar as candidaturas da edición 2020 reúnese o martes 15 de decembro e ten por diante unha difícil tarefa para escoller as empresas que serán premiadas este ano.

Superadas xa os vinte anos de vida dos Premios Manuel Beiras, o Concello de Santiago e a Cámara de Comercio revisaron as normas que os rexen e aprobaron unhas novas bases nas que se explican os seus obxectivos, os méritos que se valoran en cada categoría e o funcionamento da convocatoria.