As candidaturas aos PMB 2020

 

O xurado que vai avaliar as candidaturas da edición 2020 reúnese o martes 15 de decembro e ten por diante unha difícil tarefa para escoller as empresas que serán premiadas este ano.

Cada nova edición van aumentando as candidaturas que chegan á organización dos premios, algunhas formuladas polas propias empresas mais a maioría propostas por persoas que, desde o público, observan e valoran a práctica de uso da lingua de moitas delas. Nesta edición, as redes sociais foron unha canle escollida por moitas persoas para suxerir empresas que merecían ser premiadas. 

Unha vez formulada a proposta, desde o Departamento de Lingua do Concello contáctase coa empresa para confirmar que acepta ser candidata e tamén para obter información máis detallada sobre a presenza do galego na súa actividade. 

O interese que progresivamente van adquirindo estes galardóns está facendo que algunhas empresas se animen a divulgar que optan aos premios e a compartir algunha das razóns polas que empregan o galego a través dun vídeo.

   

 

 

Imagen destacada: