O poder da escolla

A campaña de información dos Premios Manuel Beiras 2021 pon o foco no poder de elixir. 

En momentos tan complicados economicamente como os actuais é moi importante o apoio ao tecido empresarial local. Os Premios Manuel Beiras, desde o ámbito da dinamización lingüística, contribúen tamén cada ano a poñer en valor os negocios composteláns que manifestan compromiso co maior sinal de identidade do propio: a lingua.

Con este fin deseñouse unha campaña que se distribúe tanto na rúa como en redes e que xoga con tópicos nos que é habitual que escollamos para chamar a atención do público, potencial consumidor, sobre o seu poder de elección para que o exerza conscientemente en prol dos establecementos locais. Asemade, tamén se dirixe aos negocios para recalcar que escoller o galego pode ser un potente sinal diferenciador para atraer e vincularse coa súa clientela. 

Como cada ano, a campaña lembra ao mesmo tempo a posibilidade de que calquera persoa ou entidade formule propostas de empresas que amosan o compromiso lingüístico como candidatas aos Premios Manuel Beiras 2021. O xurado, de acordo coas bases, avaliará todas as propostas para recoñecer cadanseu negocio nas categorías de NOVA INCORPORACIÓN AO GALGO, USO CONTINUADO e EMPRESA INNOVADORA NO USO DA LINGUA.

 

 

Imagen destacada: