Blogue de fernando

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel Beiras

Imagen destacada: 

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou baixo o lema "En galego, empresa/comercio + intelixente". Recibiron na tarde do 2 de decembro os galardóns nunha gala celebrada no Teatro Principal e presidida pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e pola presidenta da Cámara de Comercio, María Pais.

Aberto ata o 25 de novembro o prazo de presentación de candidaturas aos Premios Manuel Beiras

Imagen destacada: 

"En galego, empresa/comercio + intelixente" é o lema co que se presenta a XV edición dos Premios Manuel Beiras ao uso do galego na empresa e o comercio, convocados polo Concello de Santiago e a Cámara de Comercio. O slogan da campaña pretende pór en valor o uso da lingua galega na intelixencia artificial e nos establecementos locais como unha maneira de conectar coa clientela e achegar naturalidade e proximidade nun mercado cada vez máis global.

Limpezas Salgado, Entrelampo e E.nova Enerxía, gañadoras da edición 2023 dos Premios Manuel Beiras

Imagen destacada: 

Limpezas Salgado, Entrelampo e E.nova Enerxía foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXIV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou baixo o lema "En galego, naturalmente". Recibiron esta tarde os galardóns nunha gala celebrada no Teatro Principal e presidida pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e pola presidenta da Cámara de Comercio, María Pais.

Os Premios Manuel Beiras chegan á súa XXIV edición "En galego, naturalmente"

Imagen destacada: 

"En galego, naturalmente" é o lema co que se presenta este ano os 'Premios Manuel Beiras ao uso do galego na empresa e o comercio', convocados polo Concello de Santiago e a Cámara de Comercio. O slogan da campaña pretende pór en valor o uso da lingua galega nos establecementos locais como unha maneira de conectar coa clientela e achegar naturalidade e proximidade nun mercado cada vez máis global.