Limpezas Salgado, Entrelampo e E.nova Enerxía, gañadoras da edición 2023 dos Premios Manuel Beiras
Enviado por fernando a Mar, 19/12/2023 - 11:57Limpezas Salgado, Entrelampo e E.nova Enerxía foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXIV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou baixo o lema "En galego, naturalmente". Recibiron esta tarde os galardóns nunha gala celebrada no Teatro Principal e presidida pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e pola presidenta da Cámara de Comercio, María Pais.