Premio Manuel Beiras ao uso continuado da lingua 2025
Premio Manuel Beiras ao uso continuado da lingua 2025
GRILEIRA
Tenda especializada en instrumentos musicais tradicionais que representa un exemplo consolidado de compromiso real e efectivo co uso do galego no sector comercial.
Destaca pola súa continuidade histórica xeración tras xeración, pola normalización plena da lingua en todos os seus procesos e pola súa contribución á preservación do patrimonio musical galego a través da artesanía e da atención profesional.
Premio Manuel Beiras á nova incorporación ao uso do galego 2025
Sociedade Cooperativa AQUELADAS
Produtora audiovisual en diferentes formatos dixitais que destaca pola súa creatividade, responsabilidade social e aposta decidida por unha comunicación en galego moderna e de calidade. O seu labor contribúe a fortalecer o tecido socio-educativo sen renunciar á identidade lingüística.
Premio Manuel Beiras á innovación no uso da lingua galega 2025
NÓS TELEVISIÓN
Iniciativa privada centrada en contidos de tipo divulgativo sobre cultura e lingua que emite as 24 horas do día exclusivamente en galego.
Destaca pola aposta por formatos actuais e comunicación dixital na nosa lingua. O galardón valorou tamén a capacidade da canle para achegar novos públicos ao idioma a través da innovación continua (videopodcasts, IA, documentais, etc.).
















