Edición 2020
Despois de examinar as corenta e dúas propostas de empresas candidatas e das deliberacións oportunas, o xurado resolveu conceder o Premio Manuel Beiras ás empresas que se indican a seguir.
Na categoría de nova incorporación ao galego á empresa Revista Pincha, da que destaca o enfoque fresco e moderno para tratar na nosa lingua contidos de amplo interese social como a cultura e a gastronomía e achegalos especialmente ao público novo.
Na categoría de empresas cun uso continuado do galego, a Dinahosting, por poñer o galego nas tecnoloxías da información e da comunicación e contribuír a dotalo de ferramentas que o sitúen no panorama dixital, un dos retos principais da nosa lingua.
Na categoría de empresa cunha comunicación innovadora, á zapataría Moksín, por implantar unha semente de lingua no corazón comercial de Compostela e no sector da moda e arrequentala cuns escaparates onde tradición e vangarda se colocan ao servizo dun relato que nos explica.
Novas relacionadas