Edición 2019

Premios

Uso continuado do galego. Strelia Electrotecnia

O xurado decidiu premiar a Strelia Electrotecnia por empregar o galego nun sector empresarial innovador e dinámico como é o da electrónica de telecomunicacións e industrial, no que desenvolve solucións de electrónica profesional en campos como as telecomunicacións, a oceanografía, as ciencias da terra, o control industrial e a eficiencia enerxética. Tendo en conta que gran parte da súa clientela se sitúa fóra das nosas fronteiras, a súa escolla lingüística demostra que o galego serve para
comunicarse, mais tamén para transmitir valores como o de calidade, compromiso, seriedade e respecto pola diversidade atural, social e cultural.

Nova incorporación. Numax

O xurado decidiu premiar a Numax Sociedade Cooperativa Galega por incorporar a lingua a un proxecto empresarial que tiña tanto de arriscado como de atractivo e innovador. Sala de cinema; libraría; cafetaría; laboratorio de deseño, comunicación e produción... En definitiva, espazo de encontro social e cultural nunha cidade viva que sabe acoller como se merecen propostas deste calado. Numax representa un lugar onde o galego comparte protagonismo coas historias que alí suceden.

Distinción especial. Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos

O xurado decidiu premiar á Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos co premio da distinción especial porque, ao longo dos seus 98 anos de historia, diferentes xeracións
de compostelás e composteláns tiveron a oportunidade de se formaren no coñecemento do folclore galego, polo que tamén se converteron en coñecedoras e
transmisoras do importante legado lingüístico que este atesoura. O respecto polo galego, neste caso, traspasou as paredes das aulas e reflectiuse noutros ámbitos
sociais. Cantigas e Agarimos é unha entidade que xa forma parte do valioso patrimonio cultural da cidade de Santiago de Compostela.

 

Novas relacionadas

 Convocatoria

Os Premios Manuel Beiras cumpren 20 anos e abren unha nova convocatoria. Web municipal

Web da Cámara de Comercio de Santiago

Observatorio da Lingua

 Premiados e gala

Decisión do xurado. Web municipal

El Correo Gallego

La Voz de Galicia

Economía de Galicia

Galicia Press

 

Galería de imaxes

Vídeos