Edición 2024
Premio Manuel Beiras ao uso continuado da lingua 2024
Un exemplo de integración e respecto á cultura de acollida por parte de quen abriu un negocio de moda responsable de fóra de Galicia. Valorouse especialmente a proxección que fai tanto da lingua como da tradición galega cara a un público tamén comprometido co pequeno comercio.
Premio Manuel Beiras á nova incorporación ao uso do galego 2024
Operadora de telecomunicacións recentemente implantada en Compostela que utiliza a lingua como valor diferencial nun sector económico moi competitivo e dinámico. Faino falando do da casa e para as casas cunha comunicación en clave de humor e próxima á clientela e tamén coherentemente como soporte de traballo interno.
Premio Manuel Beiras á innovación no uso da lingua galega 2024
A nova bocatería, hamburguesería e tenda de cadea curta, que vincula a produción dunha granxa familiar co Mercado de Abastos e logo co establecemento pon en valor o territorio, o produto de proximidade e a nosa cultura cunha comunicación orixinal e desenfadada.