Edición 2023
Premio Manuel Beiras ao uso continuado da lingua 2023
Empresa con inquedanza cultural moi implantada en Compostela que ofrece os seus servizos a outras empresas, administrativas e particulares. O amplo espectro da súa interacción fai que o galego estea presente, nun contexto non sempre favorable, a través do persoal que a propia empresa forma en galego.
Premio Manuel Beiras á nova incorporación ao uso do galego 2023
Unha iniciativa cooperativa que introduce a responsabilidade social como valor de base, e que leva o produto de proximidade ao mercado, cunha coidada comunicación de marca, desde o rural compostelán á vez que visibiliza e xera emprego para as persoas con problemas de saúde mental..
Premio Manuel Beiras á innovación no uso da lingua galega 2023
Unha empresa con asentamento e capital galego que amosa a súa sensibilidade lingüística nun sector dinámico e en crecemento, mais habitualmente alleo ao noso idioma, esforzándose en aplicar a intelixencia comunicativa e apostando por un uso coherente e integral, na documentación interna e en todo o servizo á clientela.