Edición 2022

 

Premio Manuel Beiras á nova incorporación ao uso do galego 2022

Abeluria

Empresa consultora que, desde 2018 e situada no rural de Compostela, fornece servizos ás entidades de economía social. Na misión contribuír ao fortalecemento do sector e das súas redes, emprega coherentemente o galego como soporte de traballo e vehículo dos seus valores.

 

Premio Manuel Beiras ao uso continuado da lingua 2022

Komic Libraría

Un establecemento especializado no corazón do Ensanche santiagués que leva 35 anos abrindo as súas portas e guiándonos polo mundo das historias ilustradas e procurando que cada día máis o galego sexa parte dese universo creativo e a escolla das persoas que o transitan.

 

 

Premio Manuel Beiras á innovación no uso da lingua galega 2022

Orixe

Restaurante e tenda de ultramarinos, dúas caras para un negocio que se reivindica picheleiro e aborda con sobranceira calidade unha estratexia comunicativa completa, presencial e virtual, na que a nosa lingua se presenta como parte esencial da marca.