Edición 2018
Premiados 2018
Na categoría de nova incorporación ao galego, a empresa Leite Noso que, coa súa marca comercial Deleite, a primeira etiquetada integramente en galego, coloca o noso idioma na mesa de millerios de fogares cada día. Deleite demostra que o galego é o vehículo idóneo para presentar o principal produto do noso sector agrogandeiro e para asocialo á riqueza do patrimonio e ao dinamismo da cultura máis actual, coa que esta empresa tamén está comprometida.
Na categoría de empresas cun uso continuado do galego, Construcións Alvite González por apostar por unha comunicación coidada, coherente e respectuosa coa nosa lingua, facécoa visible nun ámbito de actividade económica onde habitualmente se agocha para os usos formalizados. Coa súa achega, constrúese en galego, mais tamén se constrúe o galego.
O xurado acordou tamén conceder a distinción especial do Premio Manuel Beiras a Evaristo Rodríguez Carracedo, avogado compostelán que como vicepresidente da Cámara de Comercio foi un dos peares sobre os que se crearon estes premios e cuxo impulso e apoio foi fundamental para que superasen a maioría de idade. Rodríguez Carracedo foi a voz da conciencia lingüistica que cada ano lembrou a importancia do compromiso empresaial coa lingua e a necesidade de converter en feitos as palabras de apoio.
Novas relacionadas
Convocatoria
- Web xeral do Concello de Santiago
- Praza
Acto de entrega dos premios
- Web xeral do Concello de Santiago
- Coralia